Skip to content

Estaleiros Garrido ofrécelle aos seus clientes unha ampla oferta de servizos que van desde o servizo de varadero até a xestión completa do proceso construtivo da súa embarcación. Desde hai moitos anos, vimos realizando todo tipo de traballos artesáns para clientes aos que lle gustan os barcos.

Nova Construción

Confíe en Astilleros Garrido para a construción da súa embarcación de madeira, estamos en disposición de abordar proxectos construtivos de diversa índole: pesqueiros, auxiliar de bateas, barcos de recreo, embarcacións tradicionais e lanchas fóra borda ou intraborda.

Mantemento e restauración

Estamos dispoñibles para axudarlle e asesorarlle sobre as necesidades da súa embarcación. Ofertamos un amplo abanico de servizos de mantemento de casco, cuberta, interiores ou jarcia. Somos especialistas en embarcacións de madeira, pero podemos levar a cabo tamén traballos de reparación ou mantemento do seu barco usando outros materiais como fibra de vidro, aceiro, madeira laminada entre outros.

Varadoiro

Se desexa varar a súa embarcación póñase en contacto connosco, dispomos de instalacións e medios para a varada e botadura da súa embarcación, sexa cal sexa o seu barco.

Cubertas laminadas

Temos unha dilatada experiencia no laminado de cubertas, traballamos con teca, piñeiro de Oregón e madeiras similares, tendo sempre en conta a tipoloxía da embarcación e os desexos do cliente.

Mecánica e electricidade

Podemos axudarlle se durante a varada a súa embarcación precisa traballos na máquina ou na instalación eléctrica/electrónica, xa que contamos coa colaboración de profesionais especializados.

Pintura

Se desexa que os acabados en vernices e pintura da súa embarcación sexan perfectos pode contar con estes servizos sen saír das instalacións de Astilleros Garrido.

Mastros e jarcias

Construción de mastros e arboladuras de madeira, tamén realizamos a preparación e substitución de jarcias.

Equipamento auxiliar

Esforzámonos constantemente en proporcionar os mellores servizos aos nosos clientes, podemos ofrecer os mellores prezos do mercado en relación con todo tipo de equipamento de acastillaxe, electrónica e motorización. Non dubide en consultar prezos.