Galeón de ría construido no Freixo en 1908 . Na súa longa traxectoria dedicouse ao transporte de mercadorías, á pesca e serviu de barco auxiliar da batea. En 2005 pasou a mans da Asociación Sueste, de Moaña, que o devolveu ao seu estado orixinal. No ano 2020 realizouse unha restauración total da embarcación.














