Manuel Garrido Otero, o tatarabuelo dos irmáns Garrido, levantou un pequeno galpón duns 100 metros cadrados preto do porto do Grove, no mesmo lugar onde hoxe se atopa o estaleiro, pero nunha nave máis ampla. As chalanas, chalupas e gamelas foron as primeiras embarcacións construídas no taller. Alí o bisavó dos carpinteiros actuais, José Garrido Moldes, xunto co seu primo, José Garrido Carrira e os seus dous fillos Ramón e Manuel Garrido Álvarez, construíron embarcacións tradicionais galegas como as dornas e dúas motoras de 22 m de eslora que se chamaban María e Rosita.
Construción dun dos primeiros barcos de gran porte
Unha dorna, das moitas que se sairon de Astilleros Garrido
A seguinte xeración, a do avó Manuel Garrido Álvarez, fíxose cargo da carpintaría de ribeira durante os anos 30, construíndo barcos como o “Voltaire”, unha embarcación tradicional de 14 m de eslora para a pesca da sardiña, dotada dun motor auxiliar de gasolina. Outros exemplos de construcións foron outras motoras como a “Meco” construída en 1936. Durante os anos 60 e tras a xubilación do avó Manuel, o pai dos irmáns Garrido, José Garrido Vidal, tomou as rendas do negocio familiar.
Embarcación Voltaire, de 14 metros de eslora, adicada á pesca da sardiña
Durante aquela época construíronse as primeiras bateas. Este tipo de traballo non era tan complicado tendo en conta as destrezas dos carpinteiros de ribeira, pero axudoulles a superar este período complicado.
Construción das primeiras bateas en Astilleros Garrido
Os irmáns Garrido son catro, un deles e químico, pero os outros tres: Pepe, Carlos e Fabián, continúan hoxe en día coa actividade familiar no mesmo lugar no que moitos anos atrás o seu tatarabuelo fundase o estaleiro.
No ano 2002 recibiron a visita da S.M. o Rei de España, Juan Carlos I, para coñecer o estado dos traballos de construción os galeóns xemelgos “Silma” e “Sanxenxo”.
Visita do rei Juan Carlos I a Astilleros Garrido
