
Francisco Gorostidi
Construcción en madeira laminada dunha réplica dun bote salvavidas de principios do século XX para o Concello de Calafell (Tarragona).
Ler máis
Astilleros Garrido - Carpintería de ribeira en O Grove, Pontevedra. Construción, reparación e restauración de embarcacións dende hai cinco xeracións.
Astilleros Garrido SL (Anteriormente Fillos de J Garrido) é unha empresa familiar cunha longa tradición na construción e reparación de embarcacións. Os Garrido son desde fai cinco xeracións, unha familia de carpinteiros de ribeira que comezaron construíndo barcos tradicionais de vela, dornas, racús, motoras e bateas. Co paso do tempo a súa especialización e técnicas ampliáronse unindo os métodos tradicionais de construción co uso de materiais da máis alta calidade. Hoxe en día, Astilleros Garrido leva a cabo traballos de construción, reparación, restauración e mantemento de todo tipo de embarcacións. Facendo realidade unha ampla variedade de traballos artesáns, realizando proxectos construtivos de todo tipo de embarcacións comerciais ou de recreo.
É moi frecuente atopar varados nas instalacións do estaleiro, preto do porto do Grove, todo tipo de embarcacións, iates ou barcos de pesca. Especializados na restauración de barcos de vela clásicos ou iates usando diferentes materiais como a madeira, chapa mariña, aceiro ou fibra de vidro.

Construcción en madeira laminada dunha réplica dun bote salvavidas de principios do século XX para o Concello de Calafell (Tarragona).
Ler máis
Realizamos maquetas de medios cascos a escala, partindo dos planos de cada embarcación
Ler máis
Embarcación baseada nunha gamela de Coruxo, construída en contrachapado mariño forrado con resina epoxi e teca.
Ler máis