Chasula

      Non hai comentarios en Chasula

Barco de pesca de cerco construído en 1958, traballou na pesca de bonito na costeira do Cantábrico e rematou convertido en embarcación auxiliar de bateas. Esta embarcación foi restaurada con todo o coidado, mantendo o espírito tradicional que se espalla por todos os recunchos dos seus 14 metros de eslora. Actualmente o Chasula, xestionado pola empresa Intramar SL, se aluga para xornadas de pesca ou utiliza como aula didáctica para actividades con rapaces.
Pax. web: Chasula