Servizos

Estaleiros Garrido ofrécelle aos seus clientes un amplo abano de servizos que van desde o servizo de varadoiro ata a xestión completa do proceso construtivo da súa embarcación. Dende hai moitos anos, vimos realizando todo tipo de traballo artesán para clientes que lle gustan os barcos.

  • Nova Construción: confíe en Estaleiros Garrido para a construción da súa embarcación de madeira, estamos en disposición de abordar proxectos construtivos de diversa índole: pesqueiros, auxiliares da industria mexiloeira, iates, embarcacións tradicionais e lanchas foraborda ou intraborda.
  •  

  • Mantemento e restauración: Estamos dispoñibles para axudarlle e asesorarlle sobre as necesidades da súa embarcación. Ofertamos un amplo abano de servizos de mantemento de casco, cuberta, interiores ou jarcia. Somos especialistas en embarcacións de madeira, pero podemos levar a cabo tamén traballos de reparación ou mantemento do seu barco usando outros materiais como a fibra de vidro, o aceiro, madeira laminada, entre outros.
  •  

  • Varadoiro: se desexa varar a súa embarcación póñase en contacto con nós, dispoñemos de instalacións e medios para a varada e botadura da súa embarcación, sexa cal sexa a súa tipoloxía.
  •  

  • Cubertas laminadas: temos unha dilatada experiencia no laminado de cubertas, traballamos con teca, pino de Oregón e madeiras similares, sempre tendo en conta a tipoloxía da embarcación e os desexos do cliente.
  •  

  • Mecánica e electricidade: podemos axudarlle se durante a varada a súa embarcación precisa traballos na máquina ou na instalación eléctrica/electrónica, xa que contamos con profesionais especializados en ditos campos.
  •  

  • Pintura: se quere que os acabados en vernices e pintura da súa embarcación sexan perfectos pode contar con estes servizos sen saír das instalacións dos Astilleros Garrido.
  •  

  • Mástiles e jarcias: construcción de mástiles de Madeira, masteleiros, preparación e sustitución de jarcias.
  •  

  • Equipamento auxiliar: Esforzámonos constantemente en ofrecer os mellores servizos ós nosos clientes, podemos ofrecer os mellores prezos do mercado en relación con todo tipo de equipamento de acastillaxe, electrónica ou motorización. Non dubide en consultar prezos.
  •