Benvida

Estaleiros Garrido SL (Anteriormente Hijos de J Garrido) é unha empresa familiar cunha longa tradición na construción e reparación de embarcacións. Dende hai cinco xeracións os Garrido é unha familia de carpinteiros de ribeira, que comezou a súa andaina coa construción de barcos tradicionais de vela, dornas, racús, motoras e bateas.  Co paso do tempo a súa especialización e técnicas ampliáronse xuntando ós métodos tradicionais de construción co uso dos materiais de máis alta calidade. Hoxe en día, estaleiros Garrido leva a cabo a construción, reparación, restauración e mantenza de todo tipo de barcos. Levamos a cabo ampla variedade de traballos artesáns, abordando novos proxectos de construción de todo tipo de embarcacións comerciais ou de lecer.

 

E moi común atopar varados no noso estaleiro, preto do porto do Grove, todo tipo de embarcacións, iates, e barcos de pesca. Estamos especializados na restauración de barcos de vela clásicos e iates usando diferentes materiais como a madeira, chapa mariña, aceiro ou fibra de vidro.